CRTVG

Buscar

Reed lidera o US Open e Cabrera Bello e Rahm seguen na loita

Publicado o 19/09/2020 14:34

E no Aberto de Estados Unidos de golf, só seis xogadores afrontarán as dúas últimas xornadas baixo par. O campo neoiorquino de Winget Foot mostrou as súas dificultades. O norteamericano Patrick Reed é o líder con menos catro. O seu compatriota DeChambeau está a un golpe, e a dous o español Rafa Cabrera Bello, que está completando un gran torneo. Algo máis lonxe do líder está Jon Rahm, con máis un, pero aínda con opcións nun campo tan especial como éste, que provoca golpes espectaculares ao longo do seu complicado percorrido. Vexan este de Matsuyama.

Noticias web

19/09/2020