CRTVG

Buscar

Produtos de limpeza ecolóxicos, unha alternativa respectable co planeta

Publicado o 11/06/2019 21:52

Este sábado celebrouse o Día Mundial dos Océanos, unha data en que a ONU aproveitou para recordar que uns 13 millóns de toneladas de plástico se filtran cada ano nos océanos. Se o mar é plástico, non temos mar; se non temos mar, non hai vida. Cómpre concienciación, integrala en cousas tan triviais como os produtos de limpeza.

Os tempos mudaron, en linguaxe publicitaria e en produtos. Pero nada serve que pasaran 30 anos se non temos educación e cultura medioambiental. De nada serve tampouco que teñamos información se non temos concienciación e consumo responsable.

Algo tan sinxelo como reutilizar o envase axuda a evitar isto: un mar de plástico. O R de reutilizar xúntase co R de reciclar e, neste sentido, tamén co de reducir.

O consumo consciente leva tamén a primeira letra do abecedario: o A de aforrar. Con pouco pódese facer moito, os océanos, récordannos as Nacións Unidas, son os pulmóns do planeta, xeran a maior parte do aire que respiramos. Recórdanolo tamén Greenpeace, recordámolo nós: recordémolo e coidémolo todos: non temos outro mar.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019