CRTVG

Buscar

Ocupación reducida e control de aparcadoiros e de zonas de hamacas na reapertura das praias

Publicado o 22/05/2020 20:58

Será un verán distinto, tamén nas praias. Din os expertos que se trata de lugares seguros sempre que se garde a distancia de seguridade. Por iso a normativa xeral esixe reducir a afluencia e o control de zonas como as de hamacas e parasoles.

En Galicia, con preto dun milleiro de areais repartidos por 73 municipios, as solucións son variadas. Cada concello busca, dentro das súas posibilidades, evitar aglomeracións. Na Coruña, a policía local será a encargada de controlar os accesos. Estableceranse zonas de entrada e saída e haberá información nunha web específica e a través de bandeiras no propio areal.

En Cangas optan por restrinxir o tráfico e o aparcamento. Distribuiranse tarxetas para veciños e residentes, así como para todos aqueles que teñan unha reserva nun establecemento hostaleiro.

Con menos problemas afrontan o verán concellos como Arteixo con areias máis abertos e menos masificados.
Os responsables municipais din que non haberá un sistema perfecto. Por iso apelan á responsabilidade de todos para facer das praias un lugar seguro.

Noticias web

22/05/2020