CRTVG

Buscar

Redúcese a presión hospitalaria (-70) nunha xornada con case mil casos activos menos (-989)

Publicado o 11/02/2021 09:51

• A positividade das PCR está por debaixo do 5 %

Redúcese a presión hospitalaria (-70) nunha xornada con case mil casos activos menos (-989)

Caen os casos activos en Galicia por noveno día consecutivo. Segundo os últimos datos facilitados por Sanidade, hai 16.643 persoas con covid-19 no país, 989 menos ca onte, tras detectárense 677 novos positivos, 617 confirmados a través de probas PCR.

Por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.673 (-179)

Vigo: 2.758 (-166)

Santiago: 2.359 (-183)

Pontevedra: 2.141 (-78)

Ourense: 1.699 (-187)

Lugo: 1.514 (-127)

Ferrol: 1.499 (-69)

Baixa a presión hospitalaria

A cifras relativas ás hospitalizacións melloran. Hai 1.145 persoas ingresadas (-70): 911 en planta (-64) e 234 nas UCI (-6).

Onte Sanidade comunicou o pasamento de 23 persoas, e son un total de 2.039 vítimas no que vai de pandemia.

A positividade das PCR, por debaixo 5 %

O Sergas rexistrou 13.747 probas PCR (+1.161), das cales deron positivo 617, 37 menos ca onte. Isto mantén a taxa de positividade á baixa: 4,49 %.

Mapa de incidencia por concellos