CRTVG

Buscar

Cae a afluencia nas terrazas tras unha fin de semana con centos de sancións

Publicado o 01/03/2021 20:04

En Santiago, e a pesar da chuvia, non falta quen se aferra ás terrazas ata o último minuto, sobre todo a mocidade. Non hai o movemento da fin de semana, pero os hostaleiros polo de agora non teñen queixa. O máis incómodo é ter que obrigar a cumprir a normativa.

A imaxe deste luns en Sanxenxo era a de terrazas baleiras e paseo marítimo deserto. Contrastaba coa que deixaba a fin de semana, que parecía verán. O Concello de Sanxenxo notificou nove denuncias por non levar máscara ou levala mal posta e sete avisos a locais de hostalería por non repectaren a lei.

Na Coruña foron máis de 200 denuncias da Policía Local, principalmente por non levar a máscara ou por beber na rúa, e aos hostaleiros por non respectaren as normas de ocupación e horarios.

En Vigo aconteceu algo semellante e rexistráronse 138 infraccións por incumprimento das medidas individuais ou de normativa na hostalería. As escenas e sancións repetíronse en Pontevedra e Santiago.

Noticias web

01/03/2021

Máis sobre actualidade