CRTVG

Buscar

Redúcense un 20% os accidentes de tráfico mortais en Galicia

Publicado o 07/11/2019 16:46
Redúcense un 20% os accidentes de tráfico mortais en Galicia

A Comunidade galega rexistrou un total de 70 accidentes mortais en estradas convencionais interurbanas no que vai de ano, un 20,5 por cento menos que no mesmo período de 2018.

Segundo a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), 76 persoas morreron en accidentes neste tipo de vías ata outubro, o último mes do que se recolleron datos. Por agora, o número de vítimas mortais reduciuse un 17,4% respecto de 2018, que contabilizou 92 falecidos neste período, cun incremento notable en setembro e outubro respecto de agosto, unha tendencia que non se repetiu en 2019. C

on todo, as provincias que rexistraron maior número de vítimas mantense. O 42,9% na Coruña, con 33 vítimas mortais, o 25,7% en Pontevedra con 20, o 21,4% en Lugo con 16 e o 10% en Ourense con 7.

Só en outubro producíronse sete accidentes que acabaron coa vida de sete persoas, a maior parte das vítimas foron atropeladas ou morreron por mor de que un vehículo se saíse da vía. Todas as persoas que faleceron neste tipo de estradas tiñan máis de 45 anos e o rango de idade máis afectado compréndese entre os 55 e os 64, segundo precisou o Ministerio do Interior este xoves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí