CRTVG

Buscar

Redúcense os casos activos nas residencias, malia detectar 19 novos contaxios en Vilaboa

Publicado o 24/11/2020 17:03
Redúcense os casos activos nas residencias, malia detectar 19 novos contaxios en Vilaboa

A cifra de usuarios de residencias de maiores afectados por coronavirus en Galicia diminúe este martes ata os 436 grazas ás numerosas altas rexistradas nas últimas horas e a pesar da detección de 19 novos contaxios na residencia Pontevedra de Vilaboa e doutro no Casón de Moeche. 

Tras estas altas, o centro con maior número de casos activos en Galicia pasa a ser a Residencia Asilo de Vilalba (Lugo), onde permanecen afectados 117 anciáns. En segundo lugar, Doralresidencias de Mos conta con 100 positivos covid entre os seus usuarios.