CRTVG

Buscar

Reducen un veciño de Betanzos que ameazou con autolesionarse

Publicado o 07/05/2019 22:42

Os altercados comezaron nesta rotonda na noite do luns. O home conducía de forma temeraria xirando e derrapando. Logo desprazouse ata unha gasolineira situada a escasos metros e alí protagonizou o primeiro altercado da noite. O home ameazaba con mollarse con combustible. Durante máis dunha hora mantivo en alerta os responsables da estación de servizo e tamén a Garda Civil e a Policía local de Betanzos. Finalmente, os axentes lograron identificalo. Comprobaron que non consumira alcol e tamén que estaba a tratamento médico polo que, nun primeiro momento, deixárono en liberdade.

Pouco despois, dirixiuse ao centro da vila e xa na praza provocou un novo altercado. Cun coitelo na man amezaba con autolesionarse e os axentes da Garda Civil, que precisaron pedir reforzos a Sada e Cambre, tiveron que reducilo. Contra as catro da madrugada deste martes lograban persuadilo e, finalmente, o home, de 45 anos, foi trasladado ao Complexo Hospitalario da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019