CRTVG

Buscar

Redrum estrea 'Un home con lentes de pasta' , unha comedia impredicible sobre relacións humanas

Publicado o 01/05/2021 11:30

Sheyla acaba de ser abandonada pola súa parella. Laura e Fer quérena animar para que faga realidade o seu vello desexo de ser escritora, e para iso convidan a cear a Guillerme, un poeta capaz de namorar a calquera. Redrum teatro estrea 'Un home con lentes de pasta' a próxima fin de semana en Ourense.