CRTVG

Buscar

Redivo: "Podemos gañarlle ao líder se non cometemos erros"

Publicado o 04/04/2019 19:08

O Breogán, pendente da chegada de Daniel Ochefu, recibe o domingo no Pazo o líder da liga, o Barcelona. Despois de derrotar o Joventut en Badalona, os de Tito Díaz soñan con facer o partido perfecto e poder derrotar o Barça. Ninguén esquece en Lugo que esta temporada o R. Madrid saíu derrotado do Pazo. Derrotar o Barça suporía moi probablemente saír do descenso. O reto é complicado pero non imposible. 

Volodymyr Gerun, Cafés Candelas Breogán: "É un equipo de Euroliga, non é o Real Madrid pero si un equipo que é o primeiro na nosa liga e igual. Precisamos traballar coma noutros partidos, ao máximo".  

Redivo, Cafés Candelas Breogán: "Sabemos que é o líder, un rival dificilísimo que tes que facer un gran partido, non podes ter erros para levar o partido, pero non imposible. Se tratamos de desgastalos, de levalos ao xogo que nós queremos, podemos levar o partido".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019