Redivo lembra que o Breogán non baixa os brazos
Publicado o 17/05/2019 19:58
E na penúltima xornada da ACB, unha final para o Breogán en Andorra. O Breogán espreme a súas opcións de manter a categoría. Vaino facer sen McCallum, unha baixa de consideración. E Tito Díaz, adestrador e psicólogo ao cincuenta por cento, trata de que os seus xogadores esquezan o pasado e se centren no que está por vir.