CRTVG

Buscar

Recupérase na UCI do hospital de Pontevedra un veciño de Moraña atacado por velutinas

Publicado o 13/11/2018 14:44

Recupérase na UCI do hospital de Pontevedra un veciño de Moraña atacado por avespas velutinas. Debido á súa gravidade, tivo que ser evacuado en helicóptero. O ataque das avespas produciuse cando o home estaba a realizar uns labores de limpeza nunha leira de Cosoirado.  

"O pai do Zacarías, que somos amigos é Adolfo, o da ferraxería, chamoume a min, vaite rápido para alá que a Jacobo picáronlle as abellas. E cheguei alí e xa estaba tombado no camiño e mais estaba a irmá do compañeiro".

 

Noticias web

13/11/2018