CRTVG

Buscar

Recupérase a paciente máis nova do CHUO tras 21 días na UCI

Publicado o 06/05/2020 14:26

A última proba que se lle realizou sinalou carga vírica, aínda é positivo en coronavirus. Laura é a paciente infectada máis nova no CHUO, ten 31 anos. Estase recuperando xa en planta.

Ata conseguir estar en planta, pasou 21 días nas UCI. Tres semanas intubada e, malia que Laura é moi positiva, tamén tivo momentos baixos. Agora agradece o labor e trato que recibe dos sanitarios. Di que a axudan moito na súa loita diaria.

Os rehabilitadores traballan con ela diariamente para mellorar a súa mobilidade.

Cada paso que dá na súa recuperacion é tempo que gaña para volver á súa vida. Laura casa en setembro e desde o seu cuarto do hospital non perde o tempo, segue cos preparativos.

Noticias web

06/05/2020