CRTVG

Buscar

Recuperaron a cachena para loitar contra o lume e fixeron dela un produto 'gourmet'

Publicado o 15/01/2018 16:11

 

 

Uns criadores de gando de Celanova exportan un novo concepto de 'burger'. Trátase dun produto cen por cento artesanal, con carne de cachena, sen conservantes e practicamente sen graxa. O primeiro restaurante fóra de Galicia acaba de abrir en Madrid e pretende ser un exemplo do movemento 'Slow Food'.

Queden con estes ingredientes: carne, grelos, queixo, ovo e pan. É a estrela da carta de inverno.

Para comer con calma, nada de comida rápida. En Vigo, Casa Galeguesa xa ten a certificación 'Slow Food', e tamén a quere para o primeiro restaurante aberto fóra de Galicia, no barrio da Latina, en Madrid.

O de criar cachenas vén de hai máis de 15 anos e como unha iniciativa para evitar o lume nos montes de Celanova. Agora o proxecto medrou e como franquía é unha oportunidade para o autoemprego. Un dos motivos para apostar pola marca foi a excelencia do produto. Sabor a carne, carne que prepara o seu desembarco noutras cidades galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2018