CRTVG

Buscar

Recuperan viñedos abondonados en Trives e Manzaneda

Publicado o 24/05/2019 21:30

Hai 50 anos esta ladeira de monte da zona do Bibei, entre Trives e Manzaneda, estaba cheo de viñedos. Fóronse abandonando e agora as vides volven gañar terreo.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra aposta por esta zona, pero sobre todo, son os novos viticultores os que están volvendo ás viñas para producir, sobre todo, viño Mencía ou Godello como un xeito de vida no rural.

Nesta zona do macizo central ourensán perderon viticultores, case a metade en 15 anos . Agora quedan 64, pero xa teñen recuperadas máis de 100 hectáreas de viñedos e agardan que a vitivinicultura siga medrando.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019