CRTVG

Buscar

Recuperan seis cadáveres tras o volcán de Nova Zelandia

Publicado o 13/12/2019 08:44
Recuperan seis cadáveres tras o volcán de Nova Zelandia

Os labores de busca de desaparecidos na erupción do volcán da illa Branca, en Nova Zelandia, proseguen na procura de dúas persoas. Un equipo militar recuperou nas últimas horas seis cadáveres que permanecían na illa desde o luns. O dispositivo de busca traballa desde o aire e con mergulladores na recuperación dos outros dous corpos.

A erupción do volcán Whakaari ocasionou a morte de 16 persoas que estaban de visita na illa deshabitada.

Noticias web

13/12/2019