CRTVG

Buscar

Recuperan o corpo sen vida dun bañista desaparecido no río Jarama

Publicado o 02/06/2019 11:23

Efectivos dos grupos operativos especiais da Policía Nacional localizaron o cadáver dun bañista, un home de 36 anos, que desapareceu no río Jarama ao seu paso por Aranxuez. A primeira chamada de aviso produciuse ás cinco e cuarto da tarde, pero os rastrexos dos bombeiros en superficie non daban localizado o corpo. A última hora da noite, axentes da Policía Nacional e do grupo de Actividades Subacuáticas da Garda Civil deron atopado o seu cadáver.
 

Noticias web

02/06/2019