CRTVG

Buscar

Recuperan o cadáver dunha muller do interior dun pozo en Amoeiro

Publicado o 05/07/2019 22:05
Recuperan o cadáver dunha muller do interior dun pozo en Amoeiro

Os bombeiros rescataron na mañá deste venres o cadáver dunha muller do interior dun pozo situado nun lugar coñecido como Paraxe das Hortas, no concello de Amoeiro (Ourense). Segundo os datos facilitados polos servizos de emerxencias, ás 9:30 horas recibiuse o aviso de que o corpo dunha persoa se atopaba nun pozo situado preto da praza da vila, na citada localidade. Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, efectivos de Protección Civil e Bombeiros que procederon finalmente á retirada do corpo sen vida da muller. Á espera de esclarecer as causas do suceso, os servizos de emerxencias consideran a posibilidade de que a muller puido caer no interior do pozo cando trataba de recoller auga cun caldeiro.

Noticias web

05/07/2019