CRTVG

Buscar

Recuperan a tradición dos cantos que animan as tabernas de viños

Publicado o 10/02/2019 18:17

Os cantos de taberna estiveron a piques de desaparecer, pero catro agrupacións puxeron en marcha unha iniciativa para recuperalos e dinamizar o centro da cidade de Lugo.

A música enche o ambiente nos establecementos do centro. Catro grupos participan na primeira convocatoria de cantos de taberna realizada en Lugo.

"Faise para recuperar os antigos cantos de taberna, cando a xente se xuntaba nos bares para tomar algo, pasar un anaco divertido con música tradicional".

"De momento, está empezando o conto, pero parece que a xente está bastante animada". "A nós gústanos tratar de que a xente participe, que a xente baile, buscamos cancións que a xente poida coñecer para que todo o mundo poida participar".

"Por agora vemos moito ambiente e moi contentos, oxalá siga así á tarde". "Tratar de que haxa unha alternativa de ocio as fins de semana en Lugo, sobre todo no inverno". E o público encantado coa iniciativa.

"Darlle vidiña a Lugo, aos viños, é algo que nos gusta a todos". "Parécenos unha iniciativa moi boa, a verdade é que é volver ás raíces". "Por iso me chamaron, saben que me vai isto, e a iso vimos". "Anímante un pouco co tema da música, bailas, é animado".

Bo ambiente e entretemento que combinan perfectamente con tomar os viños nunha das rúas máis típicas da cidade de Lugo, onde hai máis de cincuenta anos era habitual toparse con grupos que cantaban nos bares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019