CRTVG

Buscar

Recuperados doce décimos do lixo en Ferreira do Valadouro

Publicado o 19/12/2020 20:28

Hai anos que Cristóbal vende no seu local de Ferreira lotería que remate no 37. Tenlle fe a un número do que este ano, coma os anteriores, trouxo boletos de administracións de fóra de Galicia. Pero a semana pasada, non sabe como, desaparecéronlle varios dos décimos que tiña para despachar.

Daquela Cristóbal, dono do bar Asturias, foi ao cuartel da Garda Civil presentar a denuncia. En total foron doce os décimos que conseguiu recuperar grazas a un operario que os atopou tirados no colector de papel para reciclar.

Houbo sorte, e a inexplicable anécdota está facendo que Cristóbal practicamente esgotase a lotería que tiña a vender no seu local.

Noticias web

19/12/2020