CRTVG

Buscar

Recuperado o cadáver do traballador desaparecido na explosión dunha empresa química de Barcelona

Publicado o 11/03/2020 13:58

Os bombeiros recuperaron o cadáver do traballor desaparecido na explosión rexistrada nunha empresa de produtos químicos en Barcelona.

A explosión causou a morte doutra persoa e feridas de diversa consideración a outras vinte. O traballador desaparecido era o encargado do mantemento do depósito soterrado que explotou na nave que a empresa química Proquibasa ten no distrito barcelonés da Verneda.

Os bombeiros localizárono no punto exacto onde ocorreu a explosión e onde a vítima estaba facendo probas de presión no depósito sinistrado.

A onda expansiva estragou boa parte das instalacións e despediu parte dos restos cara ás naves próximas. Nunha delas estaba a outra vítima mortal, que foi alcanzada por un dos cascallos.

A explosión causou unha vintena de feridos, na súa maioría por contusións e dificultades respiratorias. Unha vez estabilizado o lugar do sinistro, os bombeiros comezaron os traballos de desentullo, que se prolongaran durante varios días pola gran cantidade de material acumulado.

Os Mossos d'Esquadra faranse cargo das investigacións para coñecer as causas da explosión.

Noticias web

11/03/2020