CRTVG

Buscar

Recuperado do mar o cadáver dun home localizado preto dunha praia de Sanxenxo

Publicado o 05/08/2021 14:00
Recuperado do mar o cadáver dun home localizado preto dunha praia de Sanxenxo

Un barco de pasaxe de Sanxenxo atopou este mediodía un cadáver fronte á praia de Paxariñas na zona de Cabicastro.

É un home de preto de 50 anos que vestía pantalón curto e non levaba camiseta, presentaba cortes profundos no corpo. A Garda Civil investiga as causas da morte, non se desbota que o seu falecemento se deba a un accidente pescando ou bañándose.

 

Noticias web

05/08/2021