CRTVG

Buscar

Un xubilado recupera os cartos da pensión que perdera ao saír do banco

Publicado o 02/02/2020 17:30

Noticia con final feliz. Un veciño de Vilaboa perdera o sobre coa pensión ao saír da sucursal do banco. Eran os oitocentos euros que tiña para pasar o mes.

A súa filla e netos fixeron unha intensa campaña en redes sociais e medios de comunicación que rematou coa entrega dos cartos por parte da veciña que os atopara. 

Este é Julio,un xubilado da Mariña Mercante hoxe moi atarefado en dar a comida os seus gatos. O susto vivido o pasado venres cando perdeu o sobre cos 800 euros de pensión ás portas da sucursal xa se lle pasou do corpo.

Os cartos caéronlle aquí na sucursal de Abanca de Santa Cristina de Cobres en Vilaboa. E logo dunha intensa campaña en redes sociais e medios de comunicación unha veciña llos entregou o sábado á súa neta, que lle deu as grazas e unha recompensa.

Aos seus oitenta e tres anos Julio non entende moi ben a expectación xerada, pero xa dorme tranquilo logo de recuperar os cartos do mes.

Noticias web

02/02/2020