CRTVG

Buscar

Recta final en Pontevedra a tres días de intensa actividade no Culturgal

Publicado o 01/12/2019 17:18

 

 

Culturgal despídese despois de tres días de encontros ao redor da cultura galega en todas as súas expresións. Concertos, actividades para familias e exposicións de proxetos editoriais, escénicos, plásticos e musicais demostraron a vizosa enerxía creadora dos artistas galegos. Esta tarde aínda haberá moito que ver no Recinto Feiral de Pontevedra.

Un punto de encontro, un escaparate e unha demostración de forza. Foron tres días de intensa actividade que chegan á súa fin. Por Culturgal pasan os proxetos máis actuais, como os últimos premios Xerais ou a biografía do músico Magín Blanco.

Soan músicas novas con raíces antigas. E nunca faltan as persoas imprescindibles. A programación de Culturgal aínda terá continuidade esta tarde coa entrega do premio do público e as presenzas, entre outras, de Óliver Laxe, Quico Cadaval, A banda da Loba e Silvia Penide.

 

 

Noticias web

01/12/2019