CRTVG

Buscar

Recrúan as protestas en Quito unhas horas antes do paro nacional convocado polos indíxenas contra o goberno

Publicado o 09/10/2019 13:25

Hoxe, no Ecuador, o movemento indíxena ten convocado un paro nacional contra as medidas económicas do Goberno de Lenín Moreno. Nas últimas horas, os manifestantes romperon o cerco policial e entraron pola forza no Parlamento. O Goberno, desprazado en Guayaquil, declarou o toque de queda e culpou a Venezuela das protestas.

Un manifestante morto, decenas de feridos e máis de 600 detidos, de momento, nas protestas indíxenas sobre Quito ao remate do toque de queda decretado esta pasada noite polo goberno. Vinte mil manifestantes, na súa maioría agricultores, rebélanse contra o acordo do presidente Moreno e o FMI e piden a eliminación do que denominan 'paquetazo'.

O grupo de cabeza consegue romper o cerco policial e entra no parlamento, onde o desaloxan as forzas de seguridade.

Desde Bruxelas, o ex-presidente Correa pide eleccións e postúlase como candidato. O seu sucesor, cúlpao, a él e a Maduro, de orquestrar unha trama para derrocalo.

"Non se pode violentar o sistema democrático", dixo Lenín Moreno.

Nicolás Maduro Maduro pidelle a Moreno que volva a realidade e retire as reformas que castigan o pobo. Os mandatarios de Chile e da Arxentina alineáronse en apoio do presidente do Ecuador.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019