CRTVG

Buscar

Recruan as protestas en Hong Kong e un tribunal prohíbelles aos manisfestantes estar no aeroporto

Publicado o 14/08/2019 10:19

Un tribunal de Hong Kong prohibe aos manifestantes permanecer no aeroporto despois de que o aeroporto permanecera practicamente bloqueado durante o luns e o martes. Aí van camiño da undécima fin de semana consecutiva de protestas, en que demandan a mellora dos mecanismos democráticos na rexión administrativa especial chinesa. 

Un tribunal de Hong Kong prohibiu aos manifestantes que permanezan nas de "zonas habilitadas" no aeroporto da rexión administrativa especial chinesa, segundo informou a autoridade aeroportuaria. A orde xudicial temporal servirá para previr que "a xente obstrua ou interfira de maneira voluntaria e ilegal o uso adecuado do aeroporto internacional despois das protestas das últimas horas, aseguraron.

O Goberno chinés ameazou cunha intervención a través dunha serie de vídeos difundidos polos medios oficiais nos que se vía ás forzas de seguridade concentrándose na fronteira hongkonesa.

O Ministerio de Exteriores recomenda aos españois evitar as zonas de manifestacións en Hong Kong, malia que as protestas son pacíficas poden derivar en enfrontamentos, polo que teñen activados os teléfonos de emerxencia consular, aínda que non se detectaron problemas con españois.

Centos de persoas acuden as protestas de persoas cun ollo tapado para criticar o emprego do gas pementa para reducir aos manifestantes, despois de que unha moza perdera un ollo durante unha carga policial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019