CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa recrúan as protestas á espera da sentenza do Supremo

Publicado o 21/10/2021 08:21

Esta noite os traballadores de Alcoa insitiron en algo que din ter claro: que para que San Cibrao continúe funcionando o Goberno debe intervila.

Recrúan as protestas agora que 524 traballadores están pendentes do Tribunal Supremo, que comezou a deliberar o mércores se ratifica ou non o que ditaminou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia: a nulidade do ERE que presentou a compañía. Contra a sentenza recorreu a empresa.

O aluminio non sae de San Cibrao dende hai tres semanas, as que levan os traballadores en folga. Alcoa ten uns 1.100 empregados nas dúas únicas fábricas que conserva en España, estas da Mariña. O ERE que se discute afectaría os de aluminio, e quedarían fóra os da factoría de alúmina.

Noticias web

21/10/2021