CRTVG

Buscar

Recrean no monte como facían o viño antano

Publicado o 06/10/2019 17:30

Hoxe Oímbra é unha festa. Remataron a vendima e recrean como se facía o viño tradicionalmente.

Pero non elaboran o viño nas adegas, como eles lembran. Fano no monte, nun lagar rupestre.

Esta recreación ten por obxectivo poñer en valor o patrimonio e promocionar os seus viños, da Denominación de Orixe de Monterrei.

En Oímbra existen evidencias de que xa se producía viño na prehistoria. Hai algún lagar que pola súa tipoloxía podería ter uns 2.000 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2019