CRTVG

Buscar

Andrés Díaz lembra o seu récord europeo de pista cuberta hai 20 anos

Publicado o 20/02/2019 21:54

Rematamos con atletismo. Xa saben que hoxe se disputou en Düsseldorf a última cita do World Indoor Tour. Todas as olladas estaban postas na proba de 1.500, en que o etíope Tefera, récord do mundo, ameazaba cunha nova marca que finalmente non se produciu. Presenciamos a proba con Andrés Díaz, o coruñés que hai 20 anos bateu o récord europeo de pista cuberta con 3 minutos, 33 segundos e 32 centésimas.

Recibimos a Andrés Díaz minutos antes do inicio da carreira de Düsseldorf.
Na liña de saída o recordman mundial, o etíope Samuel Tefera, e os tres irmáns noruegueses, a saga Ingebrigsten, o verdadeiro perigo.

O noruegués bateu a súa mellor marca, pero aínda así quedou a dous segundos e medio do récord de Díaz. O coruñés despídese da lista de récords europeos a catro días do 20º aniversario daquela marca de 3 minutos, 33 segundos e 32 centésimas conseguida no Pireo. O rexistro seguirá na táboa de récords españois.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019

Máis sobre deportes

UD OURENSE 1 PAIOSACO 0
20/01/2020 11:50
SILVA 2 SOMOZAS 3
20/01/2020 11:04
FABRIL 1 CHOCO 0
20/01/2020 10:59
POLVORIN 2 AROUSA 2
20/01/2020 10:58
COMPOSTELA 1 ALONDRAS 0
20/01/2020 10:56