CRTVG

Buscar

Récord por un Banksy: 20 millóns de euros para os sanitarios

Publicado o 23/03/2021 21:38

Superheroes tradicionais na papeleira. A admiración, a fascinación da mirada infantil dirixida ao ceo. Non é un paxaro, non é un avión. É unha enfermeira. Unha enfermeira con capa que o misterioso artista de rúa pintou a man durante o confinamento.

Game changer (Punto de inflexión) chámase o cadro. Cambios no xogo. O pasado maio Banksy regaloulle a obra a un hospital de Londres. Os anitarios mirábanse no espello dos heroes.

Poxaron o cadro este martes en Chritie's. Agardaban un máximo de 4 millóns de euros. Acabaron pagando por el a cifra récord por un Banksy, case 20 millóns de euros que doarán ao servizo de saúde británico.

O anterior récord marcárao no 2009 aquel Parlamento británico ateigado de chimpancés, que custara 11 millóns de euros. Agora chega este novo récord o día mesmo en que o Reino Unido celebra unha xornada de reflexión polo aniversario do primeiro confinamento.

Punto de inflexión. Esta poderosa firma volveu captar a esencia do momento. Unha imaxe de esperanza. Amósanos o camiño dos heroes verdadeiros.

Noticias web

23/03/2021