CRTVG

Buscar

Récord exportador en Galicia tras cinco anos de subas

Publicado o 08/11/2018 15:31

Galicia vive o mellor ciclo exportador de toda a súa historia. Xa son cinco os anos de suba nas exportacións, pero no que levamos deste 2018 xa supera todos os números anteriores.

Entre xaneiro e agosto, as exportacións galegas medraron un 9,5%. Isto supón máis do dobre da media español, que está no 4,2%. As exportaciósn galegas representan o 8% do total das exportacións de todo o Estado.

Por sectores estratéxicos, atopamos que o da maquinaria e o material eléctrico, cun crecemento superior ao 57%, e o da industria metalúrxica, cun 15,9%, son os máis relevantes no incremento das exportacións galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018