CRTVG

Buscar

Récord de participación na Liga Galega de Enduro

Publicado o 26/03/2019 18:49

Moito mellor ambiente de motos houbo este domingo en Piñor, na provincia de Ourense. Disputábase a terceira proba da liga galega de enduro. Con moito público e con moitos pilotos. De feito, vai medrando o campionato con respecto ás citas de Tui e Abegondo. Douscentos dezasete pilotos na saída. Algúns desde Portugal, desde Madrid, Toledo, Guadalaxara e Navarra.

En termos absolutos, o triunfo correspondeu a Jorge Paradelo, do Barco de Valdeorrras. Paradelo superou o lucense Abel Carballés e o madrileño José Lombardía, que disputa o campionato de España e que partía como favorito en Piñor. A próxima proba será en San Sadurniño, en Ferrolterra, o día vinte e sete de abril. Será a cuarta carreira da temporada.

Correndo por Ourense

De Piñor á capital da provincia. Correndo por Ourense, coa ponte romana de testemuña. Foi durante a disputa da Noctura de Ourense, con cincocentos participantes na liña de saída. Quince quilómetros bordeando o río Miño. Gozando da temperatura e da paisaxe. Comezando con sol e finalizando de noite. Deporte e diversión. Con zonas de asfalto e terra, aproveitando o paseo a carón do río.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019