CRTVG

Buscar

Récord de ocupación na Ribeira Sacra nesta Semana Santa

Publicado o 23/04/2019 21:51

A Ribeira Sacra rexistrou esta Semana Santa un aluvión de visitantes. Os establecementos hoteleiros, de feito, tiveron os mellores datos de ocupación da historia.

Lilian Ferral, directora do Parador de Monforte: "Os días clave, de xoves a domingo, estivemos case con plena ocupación, e o resto dos días estivemos por riba do 80 por cento. Isto supón, con respecto ao ano pasado, un incremento de entre un 5 e un 10 por cento dos ingresos do parador".

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra atribúe o éxito desta Semana Santa á crecente proxección da zona, que é candidata a Patrimonio da Humanidade.

Xosé Ramón Martínez, Oficina de Turismo de Monforte: "A verdade é que a candidatura a Patrimonio da Humanidade foi algo que tivo moito pulo. Seguimos aínda co tirón de determinados eventos publicitarios que se fixeron ou o Premio Planeta de Dolores Redondo, que aínda segue atraendo moitísimo visitante que leu o libro e que tiña ganas de vir á Ribeira Sacra, programas de televisión e, fundamentalmente, esa candidatura a patrimonio mundial foi o pulo principal para estas festas".

En canto ao perfil dos visitantes, ademais de madrileños, cada vez veñen máis vascos e navarros, atraídos polo patrimonio cultural e natural da zona e mais polos seus viños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019