CRTVG

Buscar

Récord de contaxios na segunda vaga en Galicia, cun agravamento da presión hospitalaria

Publicado o 18/10/2020 14:45

• Os casos activos de coronavirus aproxímanse os 5.000

Con Cangas son 12 os concellos galegos en alerta vermella

Sanidade notifica 437 novos contaxios confirmados por PCR en Galicia, unha nova marca nesta segunda vaga de coronavirus e sitúa a cifra de contaxios activos en 4.932. Tamén sobe a presión hospitalaria con 246 persoas ingresadas, 17 máis que a xornada anterior, e con 43 pacientes nas UCI, con tres máis que precisan coidados intensivos.

Hai 12 localidades galegas en alerta vermella coa inclusión de Cangas .

Cos tres falecidos do venres a cifra segue en 818 persoas mortas. O total de contaxios desde o comezo da pandemia é de 29.076 e as PCR realizadas son 586.482.

Por áreas sanitarias, preocupa a situación en Vigo, con 101 contaxios novos con 708 casos activos da infeción de Covid-19. Hai 27 persoas un unidades de hospitalización e 9 nas UCI. Tamén en Santiago con 77 novos contaxios e 719 casos activos con 33 hospitalizados e 8 ingresados en UCI.

Estabilízase a situación en Ourense con 78 casos activos e o descenso de casos actvos ata 1577. Nesta área son 98 os hospitalizados e outras 13 persoas precisan UCI. En Pontevedra son 457 casos activos, con 54 novos contaxios, mentres 17 persoas están hospitalizadas e 4 nas UCI. En Lugo hai 450 persoas coa infeción activa con 41 contaxios novos e 18 hospitalizados e tres máis nas UCI.

Na Coruña hai 66 contaxios diagnosticados nas últimas 24 horas con 839 infecións activas. AS persoas hospitalizadas son 48 e outras 6 en coidados intensivos. En Ferrol son 20 os novos contaxios, con 182 activos e 5 persoas ingresadas en hospitais, sen precisar ningún paciente as UCI desta área.