CRTVG

Buscar

Récord de contaxios diarios en oito comunidades autónomas

Publicado o 24/10/2020 19:25

A declaración deste novo estado de alarma chegaría con varias comunidades batendo a marca de contaxios diarios por coronavirus. 8 rexións marcan este sábado cifras nunca antes rexistradas desde o comezo da pandemia. A que máis Cataluña, que superou os 6.000 positivos en 24 horas. Tamén Castela e León bate o récord de contaxios diarios, con máis de 2.000, a Comunidade Valenciana supera os 1.600 e Aragón está moi preto dos 1.400. Galicia, Extremadura e Asturias, tamén contabilizan nas últimas 24 horas os datos máis altos desde que comezara a pandemia. En total, e tendo en conta que faltan comunidades por rexistar os contaxios diarios, a cifra en toda España superaría xa os 17 mil positivos nun só día.

Noticias web

24/10/2020