CRTVG

Buscar

Récord de contaxiados nun só día en Andalucía e seguen subindo no resto de España

Publicado o 28/08/2020 15:28

Os esforzos para conter a propagación do coronavirus non parecen aínda dar os resultados desexados en Cataluña

Nas últimas 24 horas confirmáronse por proba PCR 1.272 novos infectadose e nove falecidos con covid-19.

O risco de repunta continúa aumentando e as autoridades sanitarias decidiron prorrogar por 15 días máis as restricións que afectan Lleida e outros seis concellos do Segriá.

A conselleira de Saúde anunciou que continuarán os cribados masivos para detectar contaxiados que non mostran síntomas, que representan máis da metade dos positivos totais.

Noutra das comunidades con maior incidencia do virus, a de Madrid, os cribados estendéronse a Parla, localidade de 130.000 habitantes.

As autoridades sanitarias madrileñas estudan reducir a capacidade nalgunhas actividade sociais, pero non a mobilidade.

En Navarra, o gromo detectado nunha empresa de procesado de aves de Tudela suma xa 175 positivos, todos eles asintomáticos que permanecen en illamento.

Andalucía comunicou 909 novos casos de Covid-19 confirmados por PCR, a cifra máis alta desde o inicio da pandemia, e catro falecidos.

Noticias web

28/08/2020