CRTVG

Buscar

Reconto agónico nos EUA no medio dunha chuvia de impugnacións

Publicado o 05/11/2020 20:31

A chave da Casa Branca segue dirimíndose en cinco estados onde aínda non acabou o reconto. Biden vai gañando en Arizona por 70.000 votos, pero non se prevén novos avances do escrutinio ata a vindeira madrugada hora galega. Tamén encabeza Nevada, pero só por 12.000 sufraxios.

Neste último estado, o equipo de Donald Trump presentou unha demanda porque din ter probas de que moitos dos votos son de xente que non vive alí. Súmase ás impugnacións xa anunciadas en Michigan e Pensilvania. Neste último estado, o que máis delegados reparte dos que quedan en disputa, Trump vai en cabeza, pero o reconto quedou paralizado ata o venres.

Os xuíces desestimaron en Xeorxia outra denuncia do presidente, que insta desde as redes sociais a parar un reconto que cre fraudulento. A estratexia de Trump pode acabar batendo cos seus propios correlixionarios: poderosos senadores como Mitch McConnell ou Marco Rubio pediron respecto ás normas electorais de cada estado.

Noticias web

05/11/2020