CRTVG

Buscar

Reconstrúen o accidente de Palmeira en que morreu unha parella en maio pasado

Publicado o 23/09/2019 12:51
Reconstrúen o accidente de Palmeira en que morreu unha parella en maio pasado

A primeira hora desta tarde, integrantes do ERAT da Garda Civil (Equipo de Reconstrución de Accidentes de Tráfico) desprazados desde Madrid realizarán a reconstrución do accidente ocorrido en Ribeira o pasado 4 de maio, en que faleceu unha parella que bateu de fronte contra outra condutora.

O sinistro producírase na saída dunha curva, na estrada que une Ribeira e A Pobra, en Palmeira. Abraham, de 29 anos, e Sara, de 28, volvían de visitar a familia e dirixíanse á Pobra. Bateron de fronte co BMW de gama alta que conducía Pilar Fernández, de 45 anos e veciña de Aguiño. A parella faleceu no acto. Pilar quedou ferida e trasladárona ao hospital. Deu positivo en alcol e en tres substancias psicotrópicas. 

Logo da súa declaración nos xulgados, a condutora quedara en liberdade, aínda que investigada por dous supostos delitos de homicidio, un de condución temeraria e outro máis por conducir baixo o efecto do alcol e as drogas. Daquela o xuíz rexeitou decretar o seu ingreso en prisión, como solicitaba a acusación, pero decidiu retirarlle o permiso de conducir e o pasaporte, e tamén todos os vehículos que tivese ao seu cargo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí