CRTVG

Buscar

Recoñecen o dereito dunha nai de familia monoparental a sumar o permiso de paternidade

Publicado o 14/05/2021 20:48
Recoñecen o dereito dunha nai de familia monoparental a sumar o permiso de paternidade

Un xulgado valenciano recoñeceulle a unha nai de familia monoparental o seu dereito a sumar ao permiso de maternidade as oito semanas que corresponderían ao permiso de paternidade. Nesta sentenza pioneira, o xulgado entende así que o menor non pode ver minguado ese tempo de coidado que ten garantido pola lei. Ademais de recoñercerlle ese dereito, o xuíz condena a Seguridade Social e a Tesourería Xeral que se negaron a concederlle á muller ese dereito.

Noticias web

14/05/2021