CRTVG

Buscar

Recoñecemento aos 719 alumnos con mellores expedientes de bacharelato en Galicia

Publicado o 04/07/2019 22:59

No Palacio de Congresos de Santiago entregáronse os premios aos mellores expedientes de bacharelato e selectividade. 719 alumnos galegos recibiron esta tarde a distinción resultado dunha suma de organización, traballo e, seguro, moito esforzo.

Son os setecentos dezanove mellores expedientes de Galicia. Os alumnos con máis dun nove na media entre o bacharelato e a selectividade.

A súa receita para acadar estes resultados está clara. Traballo, esforzo pero tamén moita organización

A pesar do consenso nos seus consellos, cando lles preguntamos que lles gustaría estudiar hai respostas para todos os gustos.

Neste acto houbo un recordo para os tres rapaces mortos no accidente de Chapela. Un momento de aplausos e lembranzas para os que non puideron estar neste importante paso dende á mocidade á vida adulta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019