CRTVG

Buscar

Recoñécenlle o dereito a xubilárense anticipadamente a dous galegos que cotizaron parte da súa vida en Alemaña

Publicado o 05/12/2019 20:42

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea recoñécelles o dereito a xubilárense anticipadamente a dous galegos que cotizaron parte da súa vida no estranxeiro. Os demandantes traballaran en Alemaña antes de volver a Galicia. Cando pediron a xubilación anticipada, a Seguridade Social denegóullela co argumento de que só teñen ese dereito os que cotizaran toda a vida en España. Agora, o tribunal de Luxemburgo ditamina que esa interpretación vulnera a normativa comunitaria.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019