CRTVG

Buscar

Recoñecen a unha inventora ferrolá que hai 70 anos creou un precursor das tabletas electrónicas

Publicado o 03/03/2020 15:15

'A enciclopedia mecánica', así lle chamou Ángela Ruíz Robles a un invento que hoxe está considerado como un antecedente das tabletas ou dos libros electrónicos. No 125 aniversario do seu nacemento, o Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia reinvindica a figura desta mestra e inventora, que en 1949 promocionaba a súa Enciclopedia Electrónica.

O Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia entregoulle o seu emblema ás netas de Ángela Ruíz Robles para recoñecer o carácter visionario desta mestra e inventora ferrolá que anticipou as capacidades que a tecnoloxía tiña para a aprendizaxe, creando o que hoxe se considera en todo o mundo como un precursor das tabletas e os libros electrónicos.

Noticias web

03/03/2020