CRTVG

Buscar

Recoñecen a investigación nas patoloxías das válvulas cardíacas do CHUS

Publicado o 15/10/2019 21:32

Un grupo de cardiólogos do Hospital Clínico de Santiago gañou o primeiro premio de investigación patrocinado polo empresario Ramiro Carregal. O doutor Diego López Otero, que lidera o grupo de investigación, recolleu o premio, dotado con 20.000 euros, de mans do propio Ramiro Carregal.

Os traballos dos investigadores céntranse nas patoloxías das válvulas cardíacas, especialmente nos pacientes con implantes percutáneos de válvula aórtica. Esta é a primeira edición do premio internacional de investigación cardiolóxica co mecenado do propietario da conserveira Frinsa.

O empresario patrocina desde hai anos outro semellante en oncoloxía.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019