CRTVG

Buscar

Recoñecen a calidade do pan galego de codia triscante e miga esponxosa co selo IXP

Publicado o 07/08/2020 14:52

O recendo do pan fresco ou o son da codia triscante ao partirse demostran que as características dun bo pan van máis alá do seu sabor. E en Galicia sábese moito da calidade dos alimentos, e máis dun que é fundamnetal na nosa dieta.

O pan galego xa conta cunha Indicación xeográfica protexida para garantir as súas propiedades. Un recoñecemento que só se obtén se a codia e dura e crocante, a miga esponxosa e o alveolado abundante. Para elaboralo hai que empregar como mínimo un 25% de trigo cultivado en Galicia.

Outra das características que o fan tan especial é a súa duración, este pan galego, pola súa codia, manterase en bo estado como mínimo 48 horas.

Noticias web

07/08/2020