CRTVG

Buscar

Recoñecemento para o profesor Jesús Ricardo Martín, fundador do grupo de teatro Sardiña

Publicado o 04/07/2019 14:10

Recoñecemento para un profesor. Jesús Ricardo Martín, catedrático de latín. Pero, sobre todo, impulsor dende os anos 80 do grupo de teatro Sardiña, especializado en obras grecolatinas. Hoxe ingresou na Orde Civil de Alfonso X O Sabio na categoria de Cruz. Esta condecoración recoñece a contribución no ámbito da cultura, educación ou a docencia.

Salmantino pero un coruñes máis, o catedrático Martín séntense hoxe recompensado tras unha vida dedicada ao latín e ao teatro escolar. Desfruta contando a historia do grupo de teatro Sardiña. Especializado en teatro grecolatino seduciu varias xeracións de estudantes coruñeses. 

O grupo Sardiña recibiu varios premios nacionais de teatro. Actuou en todos os teatros romanos de España. Supuxo unha axuda extra para formación dos alumnos.

Xubilado, o catedrático Martín segue dedicándose ao teatro grecolatino, agora facendo adaptacións de obras.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019