CRTVG

Buscar

Recoñecemento feminino a un dos piares que sosteñen a identidade galega

Publicado o 13/03/2021 21:43

E estivemos na homenaxe que a Xunta lle rendeu ás mulleres rurais.
Foi nun acto, celebrado en Cerdedo-Cotobade, co que se quixo recoñecer o seu papel como un dos principais piares no sostén da identidade galega e como exemplo de superación e constancia.

A conselleira do Mar e a de Emprego e Igualdade participaron nesta homenaxe na que se enxalzou a figura destas mulleres ao longo da historia de Galicia. Sobre o escenario, varias mulleres reivindicaron o papel feminino en todos os ámbitos da sociedade tanto en Galicia como fóra.

 

Noticias web

13/03/2021