CRTVG

Buscar

Recoñecemento dos enxeñeiros de telecomunicacións a CRTVG polo proceso de dixitalización

Publicado o 03/07/2021 19:21

E a Corporación Radio Televisión de Galicia recibiu esta mañá un galardón no ForoTelecos de Galicia.
O premio Enxeño recoñece o esforzo dos profesionais da corporación no proceso de dixitalización e os proxectos de 5G nos que está implicada a CRTVG.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia celebra hoxe en Arnoia o seu primeiro foro presencial tras a pandemia, nunha xornada na que se combinaron sesións formativas con outras actividades.

Noticias web

03/07/2021