CRTVG

Buscar

Recompensa de 500 euros para dar con quen matou os cabalos en Oia

Publicado o 23/01/2019 14:22

A matanza brutal de catro eguas en Oia desata un clamor social no Val Miñor contra o maltrato animal. Levan sete episodios similares nos dous últimos anos. Este último foi o de maior crueldade e cren que o autor ou autores son persoas da bisbarra.

Á espera de avances na investigación, que leva o Seprona da Garda Civil de Tui coa axuda de veterinarios de medio rural, os veciños xa comezaron a mobilizarse. A primeira medida pasa por ofrecer 500 euros de recompensa á persoa que axude a dar cos culpables.

A segunda medida, que só implica os gandeiros, é a de facer vixilancias organizadas polo monte. Aínda conmocionados polo sucedido, os 80 membros da Asociación Serra da Groba, buscaban onte os cinco equinos que conseguiron salvar a súa vida. Queren saber se algún destes animais tamén quedou ferido na brutal matanza.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2019