CRTVG

Buscar

Recomendan non viaxar a Portugal na ponte debido á alta incidencia do virus no norte do país veciño

Publicado o 02/12/2020 15:05

Mentres a curva de contaxios baixa na nosa comunidade sobe no norte do país veciño. Dende o venres e durante toda a ponte da Constitución, os galegos non deberiamos atravesar a fronteira sen causa xustificada.

Polo de agora é unha recomendación, pero quérese evitar que os galegos viaxemos a Portugal e que os portugueses veñan a Galicia. O motivo é a incidencia do virus no norte do país veciño, moi superior á que temos aquí.

Unha decisión que o comité clínico toma para protexernos e para garantir que a curva de contaxios siga baixando.

En que medida nos afecta?

A fronteira entre Galicia e Portugal queda baixo restriccións. En puntos coma o de Tui-Valença os desprazamentos diarios son constantes e as fins de semana e festivos increméntanse moitísimo máis, algo que non poderemos facer a próxima ponte.

Así as cousas, o presidente da Xunta pediu aos galegos que non viaxen a Portugal, o motivo é a alarma polo alto nivel de contaxios no norte da rexión lusa que xa se converteu na terceira de toda Europa coa maior incidencia polo virus.

Noticias web

02/12/2020