CRTVG

Buscar

Recomendan non consumir auga da traída en trece parroquias de Castro por exceso de metais

Publicado o 12/07/2018 14:18

O exceso de metais na auga da traída fai que o concello chairego de Castro de Rei recomende non consumila durante cinco días nun total de trece parroquias. Ademais, os tratamentos na potabilizadora provocaron cortes na subministración, que afectaron tanto os veciños coma as empresas da vila e mais do polígono de Castro de Ribeiras de Lea. 

As analíticas detectaron un exceso de metais na auga da traída que se subministra en trece parroquias de Castro de Rei. Entre elas figura a vila de Castro de Ribeiras de Lea, onde están botando man da auga embotellada tanto os veciños coma os negocios e mesmo as empresas radicadas no polígono. A da traída, de feito, non se recomenda consumir nin sequera fervida.

Ademais da contaminación por metais na auga, os fogares e os negocios afectados tamén sufriron cortes na traída. Segundo o Concello, foron provocados polos tratamentos postos en marcha na planta de captación. 

A recomendacion de non beber a auga da traída en máis da metade das parroquias de Castro de Rei esténdese ata o luns vindeiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018